Ante-visión do xenio Guimarães Rosa
13/08/2012
Un acerto tan nidio da maxistratura das letras, por pouco merecer, ben merece un lixeiro escolio. Sospeito que a lúcida diana somentes podería ser cravada pol-o ollo de un verdadeiro poeta. Quero decir, por aquel esprito que sobrenada de cote as estructuras do vulgar, e mantén en sí mesmo unha superdotación de capacidade, inspirada e irisada. Tanto para a creación lírica, como en función de vate, de adiviño. N-este caso, de adiviño lóxico moito máis que mitolóxico.
Os seus xuicios cirandan a obra concursante, a poesía de “Magma”. Mais entre liñas, rezumando dos conceptos empregados, estase a adiviñar o que virá despóis na carreira do autor:
“Nativa, espontánea, legítima, saída da terra con unha naturalidade libre de vexetal en ascensão, “Magma” e poesía centrífuga, universalizadora, capaz de dar ao resto do mundo unha síntese perfeita do que temos e somos. Ha ai, vivo de beleza, todo o Brazil: a súa terra, a súa gente, a súa alma, o seu ben e o seu mal”.
Non se adiviña nos conceptos subliñados toda a materia que anos despóis, co mesmo alento poético e máxima riqueza lingüística daría modelos de fabulacións de tanto folgo como as de Sagarana, Corpo de Baile e Grande Sertao: Veredas, principalmente? E mantendo a mesma liña de esgrevia plenitude crítica, entran tambén a exame os valores formaes. De xeito marcante os lingüísticos, que tantos quilates terían de aportar ao mensaxe rosiano:
“E tudo iso -diga-se- extraordinariamente actual, máis de un actualismo certo e proveitoso, tanto nas concepções como no verso libre tão dominador que n-êle nen siquera se nota a ausencia do metro ou da rima; é -o que é notavel- na linguagen “nosa”, porem correta sempre, sen un único abuso inútil, sen nenhuna dessas “bobas” contraproducentes negações da gramática, con que algúns novos pretenden ser... novos”
Aquel premio debéu constituir na carreira de João Guimarães Rosa, o sacramento da consagración como escritor. Somente da primera consagración, pois o rito con outras dimensións tería de se repetir anos após, e se cadrar máis de unha vez. Non chegóu senón a constituir o misteri da revelación. Un misterio con condición suspensoria, que paira sobre Magma. Libro que aínda hoxe non chegóu a ser editado.
Catorce anos despóis do 36, debéuse producir o meu primeiro reencontro en São Paulo con Guillerme de Almeirda. Era o 1950, ano de malfado para Galiza. Nos seus primeiros días morrera en Buenos Aires Alfonso R. Castelao, a quen o máis galego dos poetas do Brasil, da miña mao levado desde Vigo, conocera dezasete anos antes en Pontevedra.
En non descobrira aínda a Guimarães Rosa. Tampouco o descobrín n-aquel reencontro co verdadeiro descobridor. Penso hoxe que foi por interposición na lembrabza da grande figura espiritual, por un e por outro amada, que os galegos acabamos de perder.
*Fragmento de A galecidade na obra de Guimães Rosa. Ed. do Castro 1978