Congreso Valentín Paz-Andrade
7/12/2012
A RAG remata este ano Valentín Paz-Andrade con un congreso no que se repasarán todas as actividades realizadas neste ano 2012 no que se lle adican as Letras Galegas así como algunhas facetas do autor menos estudadas como a de crítico literario ou intérprete da obra de Guimarães Rosa.
O congreso celebrarase os dias 13, 14 e 15 de decembro no Pazo de Congresos de Pontevedra.
PROGRAMA
Xoves 13 de decembro
9:30 – 10:00 Entrega de documentación
10:00 – 10:30 Inauguración
10:30 – 11:15 Ramón Villares · “Paz-Andrade na luz e na sombra”. Conferencia inaugural
11:15 – 11:45 Descanso
11:45 – 12:15 Tucho Calvo · “Unha mirada de futuro no século XX”
12:15 – 12:45 Luís Cochón · “Valentín, sempre ao seu aire”
12:45 – 13:15 Coloquio
16:30 – 17:00 Charo Portela · “Valentín Paz-Andrade, con Pontevedra ao fondo”
17:00 – 17:30 Xan Carballa · “Os vellos galeguistas nunca morren”
17:30 – 18:00 Descanso
18:00 – 18:30 Miguel Anxo Seixas · “Castelao á luz de Paz-Andrade”
18:30 – 19:00 Manuel Rivas · “Paz-Andrade: contra o cinismo”
19:00 – 19:30 Luís Bará · “Historia de dúas cidades: Valentín Paz-Andrade e o xornalismo pontevedrés e vigués de preguerra”
19:30 – 20:00 Coloquio
Venres 14 de decembro
10:00 – 10:30 Gregorio Ferreiro Fente · “A oración da montaña: Valentín Paz-Andrade, poeta na Guerra Civil”
10:30 – 11:00 Ana Acuña · “Valentín Paz-Andrade e a escola lírica pontevedresa”
11:00 – 11:30 Xesús Alonso Montero · “O poema «Na onde até Rianxo...»: dous antecedentes e uns escolios quizais pertinentes”
11:30 – 12:00 Luís González Tosar · “América, estrela virxe. Achega á presenza de autores iberoamericanos na poesía de V.P.A.”
12:00 – 12:30 Descanso
12:30 – 13:00 Xosé Henrique Monteagudo Romero · “A lingua e as ideas lingüísticas de Valentín Paz-Andrade”
13:00 – 13:30 Coloquio
16:30 – 17:00 Camilo Nogueira Román · “...os anceios mariñeiros de Galiza”
17:00 – 17:30 Xavier Vence · “A persistente marxinación de Galiza e a tarefa económica de Valentín Paz-Andrade”
17:30 – 18:00 Xosé Manuel Beiras Torrado · “A Galiza como tarefa en Valentín Paz-Andrade”
18:00 – 18:15 Descanso
18:15 – 18:45 Carlos Ramos Aguirre · “Paz-Andrade ou a racionalidade disidente: por unha idea activa de Galicia”
18:45 – 19:15 Xusto Beramendi · “Paz-Andrade no nacionalismo galego de entreguerras”
19:15 – 19:30 Coloquio
Sábado 15 de decembro
10:00 – 10:30 X.L. Axeitos · “A Galicia do Galicia”
10:30 – 11:00 Carlos Paulo Martínez Pereiro · “Valentín Paz-Andrade, Guimarães Rosa e o achamento de certo Brasil”
11:00 – 11:30 Alfonso Álvarez Gándara · “O noso Valentín”
11:30 – 12:00 Coloquio
12:00 – 12:30 Descanso
12:30 – 13:15 Darío Villanueva · “O Valle-Inclán de Valentín Paz-Andrade”. Conferencia de clausura
13:30 Clausura. Participación do Coro Tradicional Cantares do Brión (Vincios, Gondomar) que interpretará, entre outras pezas, Tríadas do vento no mar, de Valentín Paz-Andrade.
A inscrición no Congreso e gratuíta. Para formalizala cómpre enviar un correo electrónico a secretaria@realacademiagalega.org en que figuren os seguintes datos: nome, apelidos, DNI, enderezo postal completo, correo electrónico e teléfono.